Conversadas con Malena
Abrimos o ciclo CONVERSADAS con Malena Suarez Silva, directora da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos unha entidade sen ánimo de lucro que se centra na animación sociocultural e na intervención sociocomunitaria, ofertando diversas actividades e servizos para persoas a partir dos 3 anos. Arcos Tilos foi pioneira en Compostela, concretamente no barrio dos Tilos, no apoio ás necesidades das mulleres, cando comezabamos a incorporarnos ao mundo laboral e non existían moitos recursos para as mulleres que tiñan responsabilidades familiares, ahí estaba Arcos Tilos, propiciando espazos e tempos educativos e culturais ás crianzas e tamén ás familias, en moitas ocasións monoparentais. A súa experiencia tamén fainos conscientes do complexo que é montar unha asociación e mantela! Unha forma de dar resposta ás necesidades da comunidade e crear postos de traballo. Cuestións que en moitas ocasión esquecen dende as Administracións, sendo as primeiras que sofren recortes cando hai crises económi