TORNAR VISIBLES AS MANS

 






TORNAR VISIBLES AS MANS 
é un ambicioso proxecto  posto en marcha dende o Plan de Igualdade e dentro de obxectivo de visibilizar aqueles oficios e tarefas desenvolvidas por moitas mulleres próximas as que non se lle recoñece a súa contribución á riqueza do noso pais.
Comba Campoi e Guadalupe Villamarín comezaron suxerindo ao alumnado do Ciclo Superior de Integración Social, e do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de dependencia, a búsca e entrevista a unha muller do seu entorno coa intención de descubrir e facer visible a súa enorme contribución á familia, a comunidade, ao país... 
O resultado foi unha fermosa exposicións onde as mulleres entrevistadas son recoñecidas e falan do seu traballo e contribución á sociedade con orgullo.
Como sempre, contamos coa colaboración de Clara Gomez- Reino e o seu alumnado de Impresión dixital, para facer visible o traballo desenvolvido.
Gracias a todas elas!.


Comentarios

Entradas populares