Novidades na biblioteca do CIFP

Mercedes Teijeiro, profesora do Departamento de idiomas e membro do equipo da Biblioteca, ten varias propostas para nós, tanto se queremos preparar actividades con grupos como se queremos seguir formandonos aquí temos a súa proposta:

   “MaríaWonenburger: unha científica adiantada ao seu tempo”




“Concepción Arenal. A visitadora de cárceres”.

“A escaleira desigual. A condesa rebelde”(Emilia Pardo Bazán).




 Á violência  de xénero dille NON!




Feminismo. A historia cóntana as vencedoras. Esta unidade didáctica de Montse Pena Presas, complementa o libro de Anna R. Figueiredo que xa formaba parte dos nosos fondos. Contén unha serie de actividades coas que traballar a obra "Feminismos. A historia cóntana as vencedoras" de Anna Figueirido, pretendendo dotar o alumnado de de materiais extra para coñecer mellor ou profundar no contexto en que se deron certas reinvindicacións feministas ; é tamén un estímulo para que as e os docentes repensen o seu ámbito de coñecemento dende a diversidade dos feminismos.

 

                                                                


 

 

 

Libros:

“ Ámame” de Chis Oliveira e Amada Traba.

Pensar o amor no século XXI Am@me é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva,

“Mulleres que (nos) dan que pensar” de África López Souto.

Cómpre sacar á luz mulleres que foron agochadas, esquecidas, banalizadas. Pararnos a pensar con elas e sobre elas. Aprender das máis coñecidas, pero sobre todo das moitas próximas. Coñecer que existiu unha oceanógrafa como Ángeles Alvariño, a primeira almiranta, Sabela Barreto; a primeira farmacéutica galega, Manela Barreiro, as primeiras universitarias. A enumeración é longuísima e aínda será máis. Ampliala é unha forma de construír sororidade, de dar pasos sen ter que ser sempre pioneiras. Tamén seguidoras, seguidores. De moitas desas mulleres, fala este libro.



“Chámame señora, pero trátame coma un señor” de Inma López Silva

Memoria persoal do machismo na cultura: “Nunca crin nesas mulleres de máis de corenta que se comportan coma se acabasen de saír dunha película de Disney. Non soporto as que fan coma quen que non saben de que vai a vida, e as que se sorprenden con todo. Non aturo as que se fan as parvas cando é evidente que as engurrar na pel e as canas no pelo delatan que xa non están na idade da inocencia. Tampouco creo a esas que pretenden xustificar os seus fracasos ou desilusións valéndose da inxenuidade. Hai actitudes que, a unha certa idade, beirean o ridículo. Especialmente, nunca crin que, aos meus anos, as escritoras poidamos comportarnos coma se aínda puidésemos ser princesas. No fin de contas, diso se trata cando unha pretende algo máis ca escribir poemiñas para conquistar corazóns. Diso fala este libro”.



“Papá, por que non pintas as unllas de cores? de Jorge García Marín.

Non se nace home ou muller. Apréndese a ser home ou muller. No caso concreto dos homes, aprendemos a ser, ademais, machos, a desenvolver unha serie de roles e de comportamentos que, a estas alturas do século XXI, convén revisar en detalle. Neste libro, Jorge Marín reflexiona sobre a necesidade de deconstruír esa educación que nos fai homes dende unha nova perspectiva, feminista e integradora. É un libro sobre as Novas Masculinidades que temos que empezar, entre todas e todos, a construír para conseguir un mundo máis igual e, sobre todo, homes e mulleres máis felices. Dende a educación formal, os videoxogos, a literatura, os medios de comunicación. Dende mil ámbitos se nos constrúe como homes tradicionais dunha sociedade que debe deixar de ser tradicional. O século actual e os que han vir precisan un novo tipo de masculinidade. Pensar sobre el é xa un xeito de avanzar.

“Mulleres e poder” de Mary Beard.

Con irónico enxeño, a coñecida erudita británica do mundo clásico presenta un manifesto revolucionario para o noso tempo, que amosa o xeito en que a historia tratou as mulleres poderosas. Os exemplos van desde Medusa e Atenea ata Merkel e Hillary Clinton. Beard examina os fundamentos culturais da misoxinia, mentres reflexiona sobre a voz pública das mulleres, sobre os nosos presupostos culturais acerca da relación das mulleres co poder e sobre as mulleres poderosas que se resisten a ser encadradas en esquemas masculinos. Tras recapacitar verbo das agresións sexistas e de xénero experimentadas persoalmente na rede, Mary sostén que se non se percibe ás mulleres dentro das estruturas de poder, entón o que hai que redefinir é o propio poder. O libro leva máis de trece edicións noutros tantos países, ademais de varias reimpresións e novas edicións no Reino Unido.

“Os homes explícanme cousas” de  Rebecca Solnit.

Neste conxunto de ensaios mordaces e oportunos sobre a persistente desigualdade entre mulleres e homes e a violencia baseada no xénero, Solnit cita a súa experiencia persoal e outros exemplos reais de como os homes mostran unha autoridade que non gañaron, mentres que as mulleres foron educadas para aceptar esa realidade sen cuestionala. A autora narra a experiencia que viviu durante unha cea na que un descoñecido se puxo a falarlle acerca dun libro incrible que lera, ignorando o feito de que ela mesma o escribira, a pesar de que llo fixeron saber ao principio da conversación. Ao final resultou que nin sequera lera o libro, senón unha recensión de The New York Times. Os restantes capítulos tratan temas como unha análise da grande escritora feminista Virginia Woolf, o tópico da dúbida e da ambigüidade, unha investigación moi orixinal sobre a igualdade no matrimonio e unha enquisa aterradora sobre o alcance da violencia contemporánea contra a muller.

 

                                                                        

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares