Falemos de novas masculinidades : "MAIS QUE AZUL"



 Fronte a unha masculinadade hexemónica que nutre moita da problemática social actual, nacen novos discuros de homes que comezan a cuestinarse esta realidade e a apoiarse no femininsmo para buscar alternativas de vida máis diversas, xustas e libres.

Así xorde o grupo de Masculinadades Alternativas do CIFP Compostela, no que Manuel Otero profesor da familia profesional Servizos á Comunidade actuou como dinamizador e  facitador de espazos, tempos e reflexións.

Configurado por profesores e alumnos de todas as familias profesionais, foi medrando respecto ao ano anterior, así conta con alumnos de Artes gráficas, Servizos á Comunidade e Hostalaría... todos eles chegaron á conclusión de que a transformación das actitudes e prácticas dos homes, a renuncia a unha seria de privilexios  á hora de relacionarse crearía unha visión máis obxectiva do noso entorno, relacións máis igualialitarias e un estilo de vida máis saudable e pleno... en definitiva UNHA VIDA DIVERSA, XUSTA E LIBRE.

Manifestanse cansos de estereotipos de xénero e reconstrúense como un  grupo de masculinidades alternativas polo que fanse chamar MAIS QUE AZUL.

Comentarios

Entradas populares