Video fórum en inglés. Amy: The girl behind the name


Amy. The girl behind the name

 

Trailer : https://youtu.be/_2yCIwmNuLE


O alumnado de primeiro curso de Dual de Dirección de Cociña e Dirección de Servizos guiados por  de  Mercedes Teijeiro levou a cabo un video foro na  Sala de vídeo conferencias. A actividade consistiu no visionado do documental  do director Asif Kapadia en versión orixinal con subtítulos en inglés e posterior debate.

Un completo e emotivo documental realizado con arquivos inéditos e máis de 100 entrevistas a familiares, amizades e xentes do mundo empresarial e musical.

A través do documental o alumnado foi quen de reflexionar e debater sobre as posibles razóns da caída da protagonista: o abandono por parte de seu pai cando só tiña nove anos, os problemas derivados da bulimia que sufría, as rupturas amorosas(polo xeral tóxicas), a súa relación cós mass media, sincera e transparente nos seus comezos e que remata de xeito decadente e moi duro.

Un documental que deixou pegada no alumnado e deu pé para centrar o debate na importancia de prestar atención aos trastornos alimenticios desde unha idade temperá e afondar na toxicidade  e nos mitos do amor romántico e tamén, no poder dos medios de comunicación na sociedade actual para construír ou destruír unha estrela.

 


Comentarios

Entradas populares