8M Sen coidados non hai vida.


As mulleres galegas e os coidados

  • Na Galiza as mulleres dedican o 18,91% do seu tempo aos coidados, mentres que os homes dedican o 7,08% do seu tempo. Ademais, dentro do tempo total dedicado a esta actividade por fogar, as mulleres son as que máis están a traballar, cun 74,45%, mentres que os homes acadan unha porcentaxe do 25,55%.
  • As mulleres galegas, no entorno urbano e tamén no rural asumimos unha dupla ou tripla xornada de traballo que non só consiste en realizar os coidados senón que recae sobre nós toda a planificación e tarefas complementaria que estes coidados precisan, que son moitas e que sempre son invisíbeis.
  • As tarefas de coidado das mulleres galegas, como no resto do mundo, permiten que a roda do sistema produtivo continúe a funcionar, cargando sobre os corpos e as vidas das mulleres a explotación laboral e social que permite xerar unha riqueza que nunca se reparte de xeito igualitario coas mulleres.
  • As mulleres galegas asumen tarefas de funcións sociais de coidados que o poder e o goberno aforran. Os gastos sociais, se as mulleres non asumiramos estas tarefas, serían enormes. Garderías, residencias para persoas maiores, comedores…etc, o poder pode reducir o seu investimento neste servizo porque as mulleres coidamos a moi baixo custe económico e enorme custe vital, da sociedade. Os países aforran cantidades inmensas a costa do traballo das mulleres.
  • As mulleres galegas pedimos a maioría das xornadas parciais e reducidas que se solicitan no ámbito laboral… e pedímolas para coidar e conciliar a vida laboral e familiar/social. Todo isto asenta as desigualdades laborais e sociais fronte aos homes e afecta en grande medida a posibilidade de escolla dunha vida autónoma polo lastre económico que supón.
  • Na Galiza a pobreza ten nome de muller con crianzas a cargo. As perceptoras das escasas e mal planteadas prestacións sociais comezan a ser maiormente mulleres que teñen fillos e/ou maiores ao cargo, mentres a sociedade distribúe a riqueza que xera sen contar con elas.

información recollida en http://galegas8m.gal/folga-de-mulleres/folga-de-coidados/

Foron varias as actividades levadas a cabo, dende explorar as razóns polas que o 8M se conmemora, analizar a situación das mulleres no mundo a través da presentación ao Concurso de Carteis, analizar os datos da situación das mulleres en Galiza, planificar a exposición e solicitar a colaboración de Artes Gráficas, (sempre dispostos) para a impresión de poemas (Anxo e o seu grupo de impresión dixital) Mulleres relevantes (Clara e o seu grupo de maquetación). Preparación dos materiais e colocación. 
Tamén a biblioteca, coordinada por Jorge, participou coa exposicións de materiais nas dúas estanterías dispostas para igualdade... Tentamos colaborar e coordinarnos todas e todos para visibilizar a importancia das mulleres no mundo.




Comentarios

Entradas populares