O TRABALLO DA MULLER O MUNDO FAI MOVER



“ O traballo da muller o mundo fai mover”. 

Co galo da proximidade do 8M o grupo de TAPSD (apoio domiciliario modular: Andrea, Silvia, Andrea López, Lara, Alejandra, Daniel, Manuel, Roberta, Belkis, Angeles, María e Noa) quixo participar no concurso de carteis para a súa conmemoración convocado pola Secretería de Igualdade. 
Despois de un longo debate sobre por que se conmemora o día e a través dun turbillon de ideas chegaron á conclusión de que o traballo das mulleres é fundamental, tanto no que ser refire aos coidados como outros traballos non remunerados e fundamentais (sembra, recollida e transporte de auga e alimentos, artesanías e creación de utensilios…) 


Decidiron buscar un mapamundi e representar a unha muller por cada continente facendo algo representativo e pégalo todo nunha cartulina. Finalmente, tamén a través de un turbillon de ideas foron dicindo diferentes eslogans, ata que finalmente saliu o escollido que representaba un pouco o que quixeron facer dende un principio. 
Coa axuda profesora de preimpresión dixital de Artes Graficas (Clara Gómez- Reino) e a axuda de  dúas persoas voluntarias, Olaya e Cristina  dixitalizaron a cartulina. 
Esperamos que vos guste o resultado obtido.


Comentarios

Entradas populares