25 N. ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN. 1

AUTORA: XIANA SAN PEDRO. (alumna de TMAPSD modular)




Para a realización desta actividade grupal de sensibilización con motivo do 25-N, o grupo composto por Carlos Rodriguez, Xiana Sampedro e Abraham Gil recopila a información necesaria, trala súa búsqueda e asimilamento sobre o tema que se trata no día 25 de Novembro, día internacional contra a violencia de xénero, que foi declarado día Internacional da Eliminación da Violencia hacia as Mulleres en conmemoración da morte violenta das irmás Mirabal, tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960. 

https://drive.google.com/drive/u/2/folders/1Zdd6T9ttkoU0gX8sGvWFCHxCtNNnh7vN


Tal e como se recolle na lei, a violencia machista pódese referir a calquera tipo de violencia (violencia física, psíquica, sexual, doméstica(familiar ou intrafamiliar), simbólica, económica ou patrimonial, política ou institucional e tamén a laboral. Nesta actividade recóllense pois, todos os tipos de violencia antes mencionadas e realízase unha presentación de power point con información e os aspectos máis característicos de cada unha de elas, prestando especial atención o tipo de violencia simbólica, que factores inflúen nela, como identificala, etc. 

Realízase tamén a confección dunha actividade interactiva cun programa en liña gratuito chamado “Kahoot”, cunha serie de preguntas e respostas en relación a información referente o power point para a posta en práctica nas aulas ás que se lle expoña a actividade. 

Adxúntase o powerpoint realizado e presentado na entrega da actividade. Ligazón para o Kahoot:

 https://www.create.kahoot.it/share/prevencion-da-violencia-de-xenero/fb704c4a-41ed-40e9-b792- 7c64c84fb3d9 


Posta en práctica

Para a posta en marcha desta actividade os compoñentes do grupo preparan todo o material necesario nas aulas que se visitan para a realización da mesma e que sexa o máis fluída e dinámica posible. O primeiro paso, é poñer en marcha as diapositivas do power point e acompañalo cunha lectura explicativa sobre o tema que se está a tratar, a súa importancia e buscar o feedback en todo momento coas persoas que nos están a ver e escoitar. 





Unha vez rematada a explicación e despois de facer unha breve quenda de preguntas ou opinións acerca do que pensan e do que virón, continuamos a actividade explicando o xogo interactivo ás alumnas/os, como funciona e como poden acceder dende os seus teléfonos móbiles. Cando se resposten todas as preguntas haberá unha táboa de resultados cos nomes das e dos participantes co número de respostas acertadas e se fará unha conclusión final coa aula escoitando a opinión que lles ofrece o que se estivo a tratar e que lles pareceu a actividade. 

A posta en práctica do noso traballo foi presentada en catro clases: - 2º ano de Educación Infantil

 ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN POLO 25-N ABRAHAM GIL XIANA SAMPEDRO CARLOS RODRIGUEZ 

1º ano de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (diurno) 

1º ano de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (modular) 

1º ano de Educación Infantil 

En todas as clases as que fomos, tanto o alumnado coma o profesorado estiveron participativos nas actividades realizadas, creemos que as actividades propostas gustaron. Iso fixo que nós nos sentiramos máis cómodos e a presentación saira ben, xa que íbamos con nervios 

Tanto a realización da actividade en si mesma (búsqueda de infromación, elaboración dos contidos, esquematización das tarefas a realizar,etc.) como a posta en práctica nas aulas fíxose moi interesante e sabedores/a da importancia e sensibilidade do tema que se tratou necesitamos ternos informado moi ben para poder falar delo con propiedade, pois parécenos que actividades coma estas son moi necesarias tanto a nivel lúdico-informativo, como educacionais. 

O tratar de preto a información cas alumnas/os fai moitas veces que sexamos coñecedores/as de cousas que non sabiamos, así como datos, informacións ou opinións persoais doutras persoas que poden dar outro enfoque as crenzas de cada un/unha e facer reflexionar sobre que se pode facer, como mellorar e como lograr cambios. 

Comentarios

Entradas populares