25N socialización diferenciada=violencia contra as mulleres


Coa galo da conmemoración do 25N o alumnado do ciclo medio de atención a persoas en situación de dependencia comezou a tratar o tema nas aulas, hai unhas semanas xa! das causas da violencia contra a muller. Foron moitos os temas que sairon á palestra, mais descubriron un que lles preocupaba por ser moi sutil, segundo as súas propias palabras: "O que nos dín a homes e mulleres dende crianzas, xa nos condiciona... a unha a servir e a outro a mandar... non sí?". Quixeron evidenciar a súa reflexión coa escolma de certas frases habituais en calquera fogar onde se pon de manifesto como ante a mesma situación ás crianzas, mozos e adultos, dinlle diferentes cousas en función do sexo co que naceu. Noraboa ao alumnado de Apoio Domiciliario da oferta Modular, moi bo traballo!

Comentarios

  1. Con todas estas frases apreciamos a cantidade de violencia que se escoita todos los días e durante toda a vida, por iso este video é fundamental para darnos de conta de que todas elas forman parte da violencia de xénero e hai que poñerse a pensar en si nos soan estas frases, por desgracia seguro que as escoitamos moitas veces.Por iso temos que intentar conseguir non pronuncialas aínda que pensemos que non estamos incitando a violencia.
    Andrea Botana

    ResponderEliminar
  2. Visibilizando a violencia na linguaxe. Parabéns!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares