Xa estamos aquí!

O grupo promotor da igualdade do CIFP Compostela agrupa a alumnado e profesorado de todas as familias profesionais do centro, co obxectivo de dinamizar a actividade de promoción da equidade de xénero e coeducación en todos os ciclos formativos, así como nas relacións interpersoais.

Empezou a súa andaina a comezos do curso 2018/19 principalmente con alumnado dos ciclos da familia profesional de Servizos Socioculturais e á comunidade, e en 2019 incorporouse alumnado dos ciclos de Hostalaría a raíz dunha reunión aberta celebrada o 31 de xaneiro.

Neste blogue difundiranse as nosas actividades, así como reflexións para o debate en torno a distintas problemáticas vinculadas ao tema de xénero e ao movemento feminista.

Comentarios

Entradas populares