Orgullo LGTBIQ

Nestas datas, Orgullo 2019, quería recordar a importancia dunha sociedade libre de prexuízos e de tantísimo odio gratuito cara o colectivo LGTBIQ. 

Medrar como persoa LGTBIQ é difícil única e exclusivamente debido ao rexeitamento das persoas que nos rodean (e da sociedade no conxunto que nos bombardea continuamente co binarismo, a heterosexualidade, a normatividade...), rexeitamento que acaba por asimilarse e convertirse en autoodio e mesturando isto con sentimentos de incomprensión, soidade e posiblemente descoñecemento, temos a receita axeitada para depresións, ansiedade... Non falemos xa das agresións físicas e verbais.

O mundo do colectivo non é un mundo a parte formado por catro persoas extranas, o mundo LGTBIQ está formado por millóns de persoas, e, para ser máis específicas, calquera persoa pode formar parte do colectivo se atendemos a que tanto o xénero como a orientación sexual é un constructo social, é dicir, aprendemos un rol que se nos ensina a partir da sociedade na que vivimos (neste caso trátase dunha sociedade cuxo xénero é dicotómico segundo os organos sexuais externos) e ese rol pode desaprenderse, é necesaria a deconstrucción e exploración doutras realidades.
Evidentemente, hai persoas que por algún "erro" no proceso de socialización e asimilación do "seu" rol escapan a toda esta cadea de montaxe e comezan a ter unhas inquietudes e gustos fóra da norma.
Ese "erro" do que falabamos non é máis ca o producto de vivir nunha mentira que cada vez se sostén menos.


Deixarei algúns enlaces (recentes)  interesantes que reflexan a vida das persoas LGTBIQ:


(Eugene Lee Yang)

(Daniel Howell)


https://www.megadede.com/peli/hannah-gadsby-nanette Monólogo da historia de vida de Hannah Gadsby (muller lesbiana con expresión de xénero masculina):


Para finalizar: algúnhes youtubers e canles que falan sobre o tema LGTBIQ entre outras cousas:

 -Elsa Ruíz (muller trans).
 -olaxonmario (persoa galega queer).
 -Tigrillo (persoa queer)
 -SpanishQueens
 -YellowMellow
 -GayFamilyValues
 -QueerAvengers (grupo galego  de estudantes LGTBQ)



Loren

Comentarios

Entradas populares