MULLERES ILUSTRADORAS GALEGAS



Dende o Departamento de Artes Gráficas tamén están a facer un grande esforzo para visibilizar o traballo das mulleres ilustradora.

Pois sí!.. Tamen temos grandes ilustradoras galegas... 

Donas de sí e merecedoras de recoñemento e visibilizacion.. Niso andan as compañeiras de Artes Gráficas.. Marisol e Clara... e Daniel, xefe do departamento de Artes Graficas. 

 Asistiu moita xente á charla, compañeiras e compañeiros, director, secretario, profesorado  e alumnado parecían estar moi atentos...



Irene Rodríguez,alumna do centro, que expón algún dos seus traballos e Vanesa Trinidad, moi boa profesional... activista e feminista que nos falou, entre outras cousas, das salidas profesionais que pode ter o alumnado de Artes Gráficas mostrándonos os seus traballos e referentes.. por certo! moitos deles tamen femininos! 


Despois desfrutamos da exposición no hall do centro.


O alumnado de Atención a persoas en situación de dependencia puxo o seu graniño con unha fermosa selección de ilustradoras galegas.




sacamos fotos...

Tamen Joaquina a nosa vicedirectora, involucrando a outras familias profesionais... 





 Fermosas ilustración de Irene, a nosa alumna!



 




Ainda que o tempo non acompañou moito eu teñovos a sensación de que "fixo unha bonita mañá" ....Moitas grazas a todas e todos por facelo posible! 


















 O alumnado de Servizos de Restauración que sempre se presta a tratar ben ao alumnado asistente e ás convidadas 

Comentarios

Entradas populares