BATUCADA FEMINISTA NO CIFP COMPOSTELA

Polo día do entroido, e aproveitando que o 8M estaba cerca, o alumnado de 1ª de Integración Social do CIFP Compostela realizou unha batucada feminista. Acompañadas cos seus tambores e cantando un discurso ritmico e cheo de emporamento, propios das manifestacións feministas, revindicáronse os dereitos das mulleres invisibilizadas.



As batucadas son unha manifestación musical composta principalmente por instrumentos de percusión cuxo escenario, polo xeral, é a rúa. Dise que a orixe das batucadas ten que ver cos ritmos e tambores propios das festividades relixiosas e populares africanas. De alí foron evolucionando co paso dos anos e tras as primeiras manifestacións feministas, foron facéndose un sitio nestas manifestacións.
Gustaríanos animarmos a todas e todos a participar nesta práctica da batucada feminista, xa que é unha actividade moi divertida, onde coñeces a xente nova e onde loitas a través da túa voz, da canción e dos movementos do teu corpo.

En Santiago de Compostela hai un grupo de batucada feminista moi importante, que se estende por toda Galicia:

Comentarios

  1. Páreceme unha boa idea visivilizar e loitar os dereitos daquelas mulleres invisibilizadas, que se entere todo mundo de que seguimos loitando polos seus dereitos.
    Andrea Botana

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares